Portada ›› Náutica ›› más-náutica ›› O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia abre o prazo de inscrición de persoas voluntarias

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia abre o prazo de inscrición de persoas voluntarias

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia abre o prazo de inscrición de persoas voluntarias A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) organiza a cita, do 3 ao 6 de agosto en Sada, e anima a colaborar a persoas de todas a idades nas actividades de mar e tamén nas que se desenvolverán en terra

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) abre o prazo de inscrición de persoas voluntarias para participar no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Sada do 3 ao 6 de agosto.

Todas estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidad civil e poderán elixir se prefiren axudar nas actividades de mar ou nas que se celebrarán en terra. As persoas interesadas tamén escollerán o día ou días que poderán asistir, entre o
mércores 2 de agosto e o 7 de agosto, xa que colaborarán tanto na montaxe como na desmontaxe do evento, así como no desenvolvemento do programa os días de celebración do mesmo.

A organización sinala que non é necesario falar idiomas ou ter títulos náuticos, aínda que ambas cuestións serán valoradas para a selección. O formulario para apuntarse está na páxina web do encontro: https://forms.gle/Vk6nQSZgVMgfrmc77

No porto de Sada reuniranse dornas, navíos ou bucetas, entre outras tipoloxías de embarcacións, que farán diversos percorridos pola ría, pero tamén se desenvolverá, no paseo, un variado programa de actividades culturais vencelladas ao mar.
Se precisades máis información, chamade ao 623 333 082 (Ángela ou Alba)