Portada ›› Mar, Pesca, Sub y Ecología ›› Concursos .Pesca deportiva ›› Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros

Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros

Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros

Finalmente, foron 72 as persoas que se deron cita este sábado no encoro de Portodemouros para participar no I Maratón de Pesca por Parellas posto en marcha polo establecemento especializado en caza e pesca Remanso, con sede no concello de O Pino.

Nunha xornada marcada polas altas temperaturas e o vento, os participantes, organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como troitas. En total obtivéronse 34 quilos de escalos e 8'5 de troitas. En escalos, a parella gañadora presentouse como “Pescaítos”, e estaba formada por Enrique Veiga e Gabriel García. En segundo lugar clasificáronse “Os Larufas”, Juan M. Sánchez e José Varela (de O Pino) e en terceiro lugar, “O Peixe”, conformada por Alfonso Garrido e J. Emilio Rodríguez.
En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono “Os rangers”, J.Manuel Cabo e Antonio Noya; en segundo lugar situouse a parella “O roxo”, formada por Rubén Moure e Rubén Fernández e en terceiro lugar, “Os chapis”, Eduardo Vidal e J. Manuel López. Todos eles obtiveron o seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca.
Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, “a valoración é sumamente positiva, posto que era a primeira vez que se organizada unha iniciativa destas características, que foi moi ben acollida polos pescadores. De feito, todos me animaron a repetir o ano que vén; algo que evidentemente, imos facer, tendo en conta a magnífica resposta da xente que acudiu o sábado”. Asemade, o responsable de Remanso aproveita para agradecer a exhibición de montaxe de culleriñas realizada por Eduardo Fontenla, de Cucharillas Edu , así como tamen a todolos patrocinadores.