Portada ›› Remo ›› Tirán - Pereira triunfa en Vilaxoán

Tirán - Pereira triunfa en Vilaxoán

Tirán - Pereira triunfa en Vilaxoán

A S.D. Tirán Pereira gaña a XXV Concello de Vilagarcía e aséntase no liderado da Liga Galega de Traíñas 2019. Ares dende a primeira quenda recata un cuarto posto. Rianxo supera na segunda manga a Mera e Cabo.

Os sorprendentes acontecementos da primeira xornada da XXV Bandeira Concello de Vilagarcía tiveron o seu desenlace no segundo acto no peirao de Vilaxoán. Co C.R. Ares na primeira quenda, o C.R. de Rianxo na segunda e o C.R. Vilaxoán na terceira presentábase unha xornada diferente as disputadas anteriormente e posiblemente as que quedan de tempada.

Como era de esperar, Ares gañou a súa quenda con moita claridade deixando a Muros e Amegrove no décimo e no undécimo posto da xornada. O tempo de Ares foi mellor ao dos rivais da segunda quenda pero non puido con tódolos da terceira.

As tres embarcacións que tiñan tódalas papeletas por facerse coa bandeira partían na quenda de honra, e agás os anfitrións, todos superaron os tempos de Ares. Ao igual que na xornada de onte, Tirán – Pereira superaba aos seus rivais e facíase ca XXV Bandeira Concello de Vilagarcía, mantendo o maiot e aumentando a súa vantaxe na clasificación xeral. Segundo da xornada e da bandeira foi Mecos – Isabel e terceiro Samertolameu – Oversea. Vilaxoán por dous segundos non superou a Ares e volveu a pechar quinto.

Na segunda quenda o C.M. Bueu – Tecarsa mostrouse superior aos seus rivais e conseguiu gañar a manga e facerse co 6 posto da xornada. Detrás chegaría Rianxo, que debutaba nesta quenda e superaba a Mera que oitava e Cabo que caía ao noveno posto.

Con todo o acontecido na fin de semana en Vilaxoán, a S.D. Tirán convértese no novo líder da Liga Galega de Traíñas 2019, seguido de Mecos – Isabel, a S.D. Samertolameu e o C.R. Ares que cae ao cuarto posto, todos separados por dous puntos cada un. O resto da clasificación segue como estaba con Amegrove C.R. e o C.R. Muros ocupando os postos de play off de descenso.