Portada ›› Remo ›› A Asociación Liga Noroeste organizou onte a primeira asemblea da tempada

A Asociación Liga Noroeste organizou onte a primeira asemblea da tempada

A Asociación Liga Noroeste organizou onte a primeira asemblea da tempada, co motivo da organización da Liga Galega de Traiñeiras para a tempada 2021.

A asemblea foi en formato telemático, debido ás restricións na nosa comunidade. Nela douse a ver o gran número de clubs que forman un total de 31 equipos participantes.

O máis destacado da orde do día foi o seguinte:
- Aprobación da inclusión do CM Castropol como club convidado de Asturias.
- Aprobación das contas do exercicio 2020.
- Aprobación do orzamento para o 2021.

A salientar tamén que a ALN comezou onte coa programación do calendario de regatas, previsto para os meses de verán, polo que pediu aos clubs que fosen solicitando súas datas preferentes.

Nunha tempada 2021 que estará de novo marcada polo contexto sanitario da covid-19 e ante o cal a ALN comeza xa a prepararse.