Portada ›› Piragüismo ›› Competición ›› XVII Memorial Carlos Fornos. II Trofeo José Ramón Corral

XVII Memorial Carlos Fornos. II Trofeo José Ramón Corral

O club de piragüismo Grupo Xuvenil organiza a súa regata anual, XVII Memorial Carlos Fornos. II Trofeo José Ramón Corral, o vindeiro domingo 24 de maio ás 10:30 no Encoro da Ribeira.

Desenvolverase en embarcacións de equipo sobre unha distancia de 7 quilómetros, tanto en categoría feminina como masculina.
Tamén se estableceu unha Xornada de Portas Abertas o sábado 23 de maio co obxectivo de dar a coñecer o deporte do piragüismo e o entorno do Encoro da Ribeira entre os nenos/as e as familias. Aqueles que o desexen poden achegarse até as instalacións do club e desfrutar dun modo totalmente gratuíto dun momento de lecer e diversión entre as 10:00 e as 14:00 e as 16:00 e as 20:00.