Portada ›› Vela ›› Vela clásica y tradicional ›› Presentación do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Museo do Pobo Galego, en Compostela.

Presentación do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Museo do Pobo Galego, en Compostela.

Presentación do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Museo do Pobo Galego, en Compostela.

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que chegará a Sada o 3 de agosto, preséntase como “catalizador” dos valores que conectan o patrimonio propio co desenvolvemento económico, social e cultural
A cita congregará durante catro días un cento de embarcacións no porto de Fontán e concentrará actividades sobre a cultura mariñeira e fluvial para todos os públicos, tanto no mar como na terra
O presidente de Culturmar, entidade organizadora xunto coa asociación cultural Os Patexeiros e mais o Concello de Sada, reclama “políticas decididas” que garantan o futuro dun patrimonio mariñeiro que, doutro xeito, “corre serio perigo de esvaecer”

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2023.-
Un acto institucional, que contou coa presenza do alcalde de Sada, Óscar Benito Portela, da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, xunto co presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, José Luis Sacau, e o presidente da asociación cultural e mariñeira Os Patexeiros de Sada, Miguel Martínez Modroño, serviu para presentar este sábado, día 15, o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, coorganizado por Culturmar, Os Patexeiros e o propio Concello de Sada, coa colaboración da Xunta e outras institucións.

O evento, que se desenvolverá en Sada entre os días 3 e 6 de agosto, contará cunha completa programación no mar e tamén en terra, con actividades para todas as idades que inclúen, ademais das citas náuticas, exposicións sobre a cultura mariñeira e fluviale os seus oficios relacionados, presentacións, obradoiros, música, xogos, teatro eoutras propostas para o público infantil. O evento conta tamén cun programa inclusivo,que este ano ten como entidade convidada a Aspace, vinculada a persoas con danocerebral e as súas familias, para achegar a cultura do mar a persoas con diversidadefuncional.

“Dezaseis anos despois de que a nosa frota navegara as augas de Ferrol, en 2007,regresamos ás mariñas coruñesas, a unha vila mariñeira por dereito propio. Sada é hoxeunha localidade puxante, centro turístico de primeira magnitude que mantén un vínculo directo co mar: conta cun dos portos deportivos máis importantes de todo o litoral galego e cantábrico, conserva aínda unha importante actividade mariñeira e contatamén cun colectivo, Os Patexeiros, –coorganizador, co Concello de Sada e a propia Culturmar, da cita coa cultura mariñeira– que segue a salpicar de velas tradicionais a ría, facéndonos lembrar o pasado esplendoroso da vida mariñeira sadense”, sinalou opresidente de Culturmar na presentación desta mañá, que tivo lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Xosé Luís Sacau quixo salientar “a potencia de Sada e das Mariñas Coruñesas como un dos grandes polos de desenvolvemento do país en todos os planos: económico, industrial, demográfico, turístico e tamén cultural”, e o seu papel na reivindicación do patrimonio propio. “Sobran exemplos que nos indican que o desenvolvemento debe ir parello coa salvagarda dos valores patrimoniais e debe ser respectuoso con eses valores, de maneira que no fío da historia nunca perdamos a referencia do que somos e de onde procedemos”, considerou Sacau, e chamou a que este XVI Encontro sirva, como en anteriores ocasións, “de catalizador para que todos os axentes, desde as institucións ao tecido social e económico, poñan as súas enerxías,con orgullo e determinación, ao servizo duns valores que nos deben identificar como país e como comunidade humana madura e moderna”.

Nese sentido, o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial reclamou “políticas decididas” como a delimitación de áreas portuarias específicas para que a frota tradicional poida ser exhibida e desfrutada como un museo vivo, a potenciación da renovación xeracional dos carpinteiros de ribeira a través da formación regrada e a revitalización da actividade de construción naval en madeira recoñecendo o seu valor en termos ecolóxicos,económicos e medioambientais”, tendentes a “garantir o futuro deste patrimonio que,doutro xeito, corre serio perigo de esvaecer”.

Pola súa banda, o presidente de Os Patexeiros, Miguel Martínez, destacou no acto a impacto desta cita coa cultura mariñeira e fluvial alí onde se celebra. “Sería fermoso que non terminase o Encontro de Embarcacións o día 6, que este transformase asociedade de Sada e puxese no primeiro plano eo seu orgullo mariñeiro”, desexou. Aasociación sadense, que cumpre 15 anos de actividade, dará a coñecer formalmente nomarco do Encontro o seu proxecto para a creaciòn do Museo A Flote, “unha propostapara poder exhibir as nosas xoias flotantes, as nosas embarcacións tradicionais fondeadas ao longo dunha parte de paseo marítimo de Sada”, avanza Martínez. O proxecto físico, adiantou Martínez, leva asociada ademais unha capa no metaverso, que consiste en navegación nas embarcacións a través de realidade virtual.

Programa de mar e terra

Aínda que o groso das actividades deste XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia se concentra entre o 3 e o 6 de agosto, a programación de mar comeza este mesmo mes, cando dá comezo o III Convoi Tesa a Escota Proa a Sada, que arriba en Muros o vindeiro día 23 para navegar até Sada, a onde chegarán os barcos o 30 dexullo, procedentes de distintos enclaves.

Ademais, nestas semanas previas á celebración xa se poden visitar na vila sadense a exposición fotográfica “No centro do mar”, de Eduardo Rivo (na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva) e a mostra de pintura colectiva “O mar na miña memoria”, da Asociación de Artistas Plásticos Galegos, ARGA, na Casa da Cultura Pintor Lloréns, e nesta mesma fin de semana está ater lugar a XI Xuntanza de Embarcacións tradicionais, coincidindo coas festas do Carme.

Por outra banda, a inscrición para participar na expedición da goleta Evangelina,construída en 1912, que sairá de Rianxo o 2 de agosto para chegar a Sada o día 3 ou naviaxe dende Vigo a bordo do barco histórico Atyla, que está xestionado por unha entidade benéfica, entre o 30 de xullo e o 5 de agosto, está aberta e aínda quedan prazas. Unha vez no porto de Fontán, estas dúas embarcacións poderán ser visitadas eas persoas interesadas poden contratar excursións pola ría. Para estas actividades, a reserva está dispoñible na páxina web do encontro e igualmente será posible facer percorridos no Joaquín Vieta.

Xa durante as datas do evento, haberá navegacións pola costa sadense e as localidades próximas durante as catro xornadas, así como unha concentración e exhibición dos participantes no porto de Fontán, visitas guiadas ao interior dos barcos e un bautismo de mar de novas embarcacións. Nesta altura, o Encontro ten confirmadaxa a participación de 74 barcos e agarda chegar ata os cen. O prazo de inscrición segue aberto ata o día 27 na web do encontro.A programación de terra, que terá no porto de Fontán o seu epicentro, contará con mostras sobre patrimonio marítimo e fluvial, tanto no Pavillón do Patrimonio como na Carpa Balbina, que concentra a programación impulsada por Os Patexeiros, ademais dunha chea de exposicións, presentacións literarias e de proxectos, mostras de oficios tradicionais vinculados ao mar e mesmo unha andaina ata Lourido, acompañando a navegación tradicional.

A programación prevé tamén actuacións musicais para as catro xornadas, con concertos nocturnos no Espazo Sons do Mar, no paseo de Fontán. Alí actuarán, o xoves,Os de Abaixo, que darán pé, o venres, a Faltriqueira (22.30h) e Habelas Hainas (23.30h).O sábado, abrirá, ás 22.30 horas, Lenda Ártabra, que dará paso, ás 23.30 horas, aoconcerto de Mercedes Peón, dentro da súa Xira Ingrávida. A actuación do domingo, ás 22.00 horas, correrá ao cargo da Bule Bule Band. Ademais, nas mañás do xoves, venres, sábado e domingo haberá ruadas da man de Nova Troula, acompañada o domingo doseu grupo de canto, a quen se unirán tamén, o sábado á tarde, Queiroa.

Programa Inclusivo

Como cada ano, este XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia organiza o espazo “O mar para tod@s”, que recolle a programación de actividades para persoascon diversidade funcional, como a navegación inclusiva. Nesta edición, a entidadeconvidada é Aspace, confederación que engloba persoas con parálise cerebral e assúas familias.A programación reserva tamén un amplo abano de actividades dirixidas ao públicoinfantil, con espectáculos de maxia, musicais e de teatro durante as catro xornadas. Aspropostas para a rapazada complétanse cunha serie de obradoiros, desde estampadode camisolas, música tradicional ou a construción de barquiños de vela de xoguete con madeiras á deriva.

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia contará ademais cos postos de venda de Aspace, da libraría e editorial Bululú, de Aura Noctis e de Serigrafía MEU_Enmarcación creativa con refugallo e camisetas mariñeiras, e tamén se poderán adquirir láminas de Xosé Iglesias.A inscrición para participar neste XVI Encontro segue aberta e pode realizarse noformulario que se atopa na web: https://culturmar.org/eventos/, onde igualmente éposible anotarse como parte do voluntariado, para vivir este evento desde dentro:https://culturmar.org/voluntariado/.Se precisades máis información, chamade ao 623 333 082 (Ángela ou Alba) e taméntedes contidos actualizados nas redes do Encontro: @sadaembtrad (TW),@sadaembarcacionstradicionais (TW) ou @EncontroEmbarcaciónsTradicionaisGalicia(FB).